O rematar estes estudos os alumnos son capaces de xerar solucións creativas a problemas de forma e función o tempo que desenrolan as capacidades aprendidas nos distintos campos do deseño: deseño publicitario, editorial, identidade corporativa, packaging, web, multimedia, etc.
A mellor mostra son os traballos realizados polos alumnos ao longo da súa formación.
Os traballos realizados polos alumnos deste ciclo amosan as capacidades e aptitudes adquiridas por parte dos mesmos para crear e interpretar sucesos estéticos orientados a actividade fotográfica relacionada coa publicidade, o deseño, a moda, o arte ou a industria entre outros.
Os alumnos que superan os estudos de serigrafía artística, coñecedores dos medios técnicos, con capacidade crítica e dunha metodoloxía aplicada, son capaces de desempeñar todas as actividades profesionais dentro dunha empresa do sector (obra gráfica, rotulación, etc.).
Os traballos realizados na trayectoria formativa dos alumnos de deseño de interiores, o rematar os seus estudos, o alumno amosa un dominio técnico e proyectual profesional, o que asegura a súa inserción laboral.
A produción de obxectos, dende a concepción ata a produción, tendo en conta as características técnicas e estéticas do produto, é a base do traballo profesional adquirido polos alumnos deste ciclo.
Ao longo do curso os alumnos deseñaron novos produtos en distintas técnicas.
Cos estudos de gravado e técnicas de estampación os alumnos adquiren o dominio do conxunto de técnicas utilizadas como medio de expresión artística no campo da edición dunha obra gráfica ou ilustración de libro.
O dominio en distintas técnicas refléxase nos seus traballos.