Os Estudos de grao son unha oportunidade única para acceder á unha formación especializada e de calidade no mundo do Deseño. O alumno recibe unha formación teórico-práctica de carácter exhaustivo, facendo fincapé nas novas tecnoloxías e a súa aplicación profesional. Todo esto vese complementado por actividades como visitas, conferencias, xornadas, viaxes e colaboracións con personalidades destacadas no mundo do Deseño.
Duración: 4 cursos académicos
Titulación: Grao de Deseño [Real Decreto 633/2010, de 14 de mayo]
Lexislación: DOGA nº195 do 08 de outubro de 2010
Os Estudos de grao en Deseño de Interiores teñen un plantexamento moi similar aos de Deseño Gráfico. A súa orientación está dirixida ao mundo do Interiorismo. Tanto as materias teóricas como as prácticas buscan unha formación integral e exixente dun alumnado que, o rematar os estudos, está xa preparado para acceder o mundo laboral.
Duración: 4 cursos académicos.
Titulación: Grao de Interiores [Real Decreto 633/2010, de 14 de mayo]
Lexislación: DOGA nº195 do 08 de outubro de 2010
O Ciclo Superior de Fotografía Artística garantiza unha formación teórico-práctica de gran nivel e especialización que abarca tanto os aspectos técnicos como os artísticos. Neste estudos foméntase o desenvolvemento das capacidades artísticas e estéticas do alumnado, o mesmo tempo que se lle dota dos coñecementos necesarios para exercer a profesión.
Duración: 2 cursos académicos + proxecto final + prácticas en empresa. [1950 horas]
Titulación: Técnico superior de artes plásticas e deseño en Fotografía Artística
Lexislación: Decreto 84/2002 del 14 de febrero - DOGA nº60 , 26 de marzo de 2002 - DOGA nº155, 14 de xullo de 2005
O Ciclo Superior de Cerámica Artística está orientado a crear profesionais que teñan un perfecto coñecemento das tecnoloxías e procesos científicos relacionados coa cerámica, que poidan non só solventar problemas técnicos senón tamén estéticos, creativos e de produción.
Duración: 2 cursos académicos + proxecto final + prácticas en empresa. [1950 horas]
Titulación: Técnico superior de artes plásticas e deseño en Cerámica Artística.
Lexislación: Decreto 79/2002 del 14 de febrero – DOGA nº57, jueves 21 de marzo de 2002
O Ciclo Superior de Gravado ofrece o alumnado un perfecto coñecemento científico tecnolóxico para formar alumnos acorde coas exixencias actuais do sector e potenciando súa capacidade creadora. Os alumnos adquiren un dominio dos recursos técnicos tanto tradicionais coma actuais para garantir unha futura dedicación en cualquera dos campos relacionados coa obra gráfica orixinal.
Duración: 2 cursos académicos + proxecto final + prácticas en empresa. [1950 horas]
Titulación: Técnico superior de artes plásticas e deseño de Gravado e técnicas de estampación.
Lexislación: Decreto 71/2002, del 14 de febrero – DOGA nº53, 14 de marzo de 2002
O Ciclo Medio de Serigrafía Artística é de carácter principalmente práctico que, xunto cos contidos teóricos ten como obxectivo crear profesionais que poidan incorporarse de modo inmediato a empresas ou, se é o caso, que poidan crear a súa propia empresa vinculada cos procesos de Artes Gráficas.
Duración: 1 curso académico + proxecto final + prácticas en empresa. [950 horas]
Titulación: Técnico de artes plásticas e deseño en Serigrafía artística
Lexislación: DOGA nº16 do 26 de xaneiro de 2004 - Decreto 455/2003, do 5 de decembro