14/04/2012
A Escola de Arte “Ramón Falcón” de Lugo, correspondeulle presentar unha exposición cunha escolma de traballos, do CFGS Gravado e Técnicas de Estampación, e do CFGS de Cerámica Artística, así como do CFGM de Serigrafía Artística. Tamén realizaron demostracións prácticas das técnicas propias dos citados estudos.
Participaron no evento, alumnado e profesorado dos ciclos formativos referidos, levando a cabo demostracións de estampación serigráfica sobre soporte textil e estampación de gravado sobre papel.
Para levar a cabo as activades a escola levou equipamento diverso, como un tórculo e unha mesa de estampación de serigrafía a 4 cores para camisetas,
A mostra, que recibiu gran número de visitantes, serviu para promocionar e dar a coñecer os diferentes estudos que se imparten no centro.