20/03/2012
Un grupo formado polos alumnos de 2º curso de Deseño de Interiores e de Gráfico visitaron a Colexiata de San Isidoro, apreciando a súa arquitectura e moi particularmente as súas pinturas murais. O outro grupo, visitou as vidreiras da catedral.
A continuación xa unidos, ambos grupos, visitaron o interior da catedral. Os alumnos de Deseño de Interiores, tamén visitaron o edificio do Auditorio, obra dos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla. A súa fachada cubista, un amoreado abstracto de ocos xeométricos, establece un diálogo co próximo Hostal de San Marcos,
Pola tarde, a totalidade da expedición, visitaron o edificio do tanatorio, cuxos autores son os arquitectos Jordi Badia e Josep Val Situado diante dunha gran zona verde, demasiado preto dun barrio residencial, o edificio se enterra baixo un estanque de auga para integrarse no entorno natural e facilitar a súa relación cas vivendas veciñas.
A sala de espera se abre a un gran noiro de hedra e bidueiras e se caracteriza con madeira vernizada, grandes alfombras e iluminación indirecta para potenciar seu aspecto confortable.
As salas de vixilia se iluminan naturalmente a través duns patios con auga que suxiren recollemento e privacidade.
A única fachada do edificio, a cuberta, reflexa o magnífico ceo de León como alegoría da morte.
A continuación visitamos o MUSAC. A guía do museo, recibiunos amablemente e nos explicou as características arquitectónicas do edificio, realizado polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.
A arquitectura do MUSAC- Museo de Arte Contemporáneo de Castela e León- é xa un dos proxectos con maior recoñecemento internacional grazas a concesión en 2007 do Premio Mies Van der Rohe de Arquitectura.
A continuación visitamos as exposicións temporais:
-Fundido encadenado–Break You Nice de Azucena Vieites,
-Chatarra Americana TAL CUAL de Felix Curto.
-En torno a fotografía de Miki Kratsman
-Una sexta Parte De la Tierra: Ecologías de la imagen .
A exposición Fundido encadenado–Break You Nice se presenta como continuación dun largo traballo iniciado por Azucena Vieites (Hernani, Guipúzcoa, 1967) a través de diversas propostas anteriores en Valparaíso (Chile), o centro cultural Montehermoso (Vitoria) o Villa Iris (Santander). O traballo de Azucena Vieites articulase en torno ao uso do debuxo como “técnica e ideoloxía”, como produto dunha elección consciente e significada na resolución dun proxecto plástico baseado na revisión e apropiación iconográfica de imaxes que proceden da sociedade e a cultura contemporánea.
A través dun proxecto expositivo que se materializa nunha instalación na que a artista se enfronta por vez primeira co gran formato, propiciado pola arquitectura do MUSAC, se aborda a cuestión da representación, desde o lúdico e a fantasía, así como desde a experiencia e expectativas presentes nos procesos da vida cotiá..
Na traxectoria do artista Félix Curto (Salamanca, 1967) son esenciais as experiencias acontecidas na xeografía mexicana e as súas diversas capas sociais, culturais, económicas e políticas. Este país americano foi durante mais dunha década onde o artista ven desenvolvendo largas residencias, un contexto onde o gusto persoal e interese por unha época –a da contra-cultura americana e europea desde os sesenta ata nosos días- acaban combinándose nun quefacer profesional.
Toda a obra de Miki Kratsman (nado en 1956 en Arxentina e cidadán israelí desde 1971) se concentra orredor do conflito entre o estado de Israel e os palestinos, e se desenvolve entre as vicisitudes e circunstancias da vida diaria de este pobo marcado polo desprazamento, o asedio.constante e a sistemática ocupación que padeceu durante mais de sesenta años. A fotografía de Kratsman nos presenta as consecuencias e os efectos dunha devastada realidade – un territorio destruído, de edificios arrasados ou abandonados e campos desolados-- tras a que se recoñece unha política de control y de illamento, de violencia e de morte. Kratsman, sen embargo, non necesita acudir nin as argucias fáciles nin espectaculares, nin a efectismos. Kratsman nin explota seus temas nin aos suxeitos de seus temas. Polo contrario, nos empraza ante unha realidade inhóspita e deserta, o nos enfronta a “banalidade habitual” da outra realidade paralela que se negocia entre os que viven-padecen a diario a ocupación, por unha banda, e o brazo armado do poder israelí, por outro.
Finalmente, vimos a exposición colectiva Una sexta Parte da Terra: Ecoloxías da imaxe.