15/03/2012
A empresa CDmon para celebrar o seu 10 aniversario convova o concurso "10.0 Evolución é revolución" para todalas escolas de arte. O que pretende é que os alumnos fagan unha homenaxe a Internet a través da arte.
O xurado está formado por axencias de deseño e artistas de recoñecido prestixio, que traballaron para grandes marcas, como Serial Cut, Dvein, Tavo, entre outros.
Abriron un microsite: "10.0 Evolución é revolución", onde mes a
mes, os membros do xurado fan a súa propia homenaxe á sociedade
do coñecemento (www.evolucionesrevolucion.com). Os meses de
outubro, novembro e decembro están reservados para os estudantes
premiados no concurso. Cada un gañará 500 euros.
O prazo para enviar os deseños remata o 6 de maio, e os premiados daranse a
coñecer o 1 de xuño durante o acto de celebración dos 10 anos de
CDmon.