ESCOLA DE ARTE SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN

escola de arte ramón falcón

 

Listar noticias

Concurso de MICROVÍDEOS:

22/02/2012

Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos.

Cada participante poderá presentar un único microvídeo. Os microvídeos deberán estar en lingua galega e non superar os 3 mínutos de duración.


O formato de presentación será exclusivamente en liña, o tamaño máximo do arquivo de vídeo será de 100 Mb e estarán nos formatos dixitais: avi, mpg, flv, wmv, vob, mp4, mov e os de alta definición: mkv, ts e m2ts,etc.

Este concurso estará dotado cos seguintes premios:

Primeiro premio: consistirá na entrega dun bono por importe de 500 €.

Accésit: un accésit en función da calidade dos microvídeos, que consistirán na entrega dun bono por importe de 250 €.

Os bonos serán para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son para trocar nos establecementos comerciais indicados pola organización.

Os premios poderán ser declarados desertos, de estimar o xurado que ningunha das obras presentadas reúnen as condicións necesarias.

Prazo da admisión: Do 1 ao 31 de marzo de 2012.

As persoas que concursen deberán cubrir o formulario de inscrición on-line. A/O participante garante a veracidade dos datos que achegue na ficha de inscrición. Os microvídeos, presentaranse únicamente a través do espazo web:www.igualdadevigo.org/concursovideos onde as  bases do concurso están á disposición das persoas interesadas. Máis información no tlf.: 986 810 284

Imaxes

Non existen imaxes asociadas

Adxuntos

Non existen adxuntos asociados


Xunta de Galicia
  • valid xhtml 1
  • valid css 2.1
  • valid rss