09/01/2012
A exposición poderá ser visitada do 21 de decembro ata o 16 de Xaneiro.
Desvanecer, significa facer desaparecer da vista pouco a pouco as partes que forman unha cosa, borrar da mente ou esquecer unha idea, unha imaxe e unha lembranza.
Este proxecto ten a intención de afondar sobre o rostro humano, o retrato e a asociación cultural que desprende a máscara facial en diversos contextos culturais que da unha xerarquía particular ao posuidor.
A máscara, a outra cara, da outra identidade, utilizase desde o Paleolítico, pola maioría dos grupos humanos na totalidade das épocas. A máscara disfrazada, oculta ou revela as identidades do que a utiliza; representa fielmente que a nosa realidade diaria componse de historias propias e alienadas, de amigos e inimigos, de coñecidos e descoñecidos, de rostros con faciana e facianas sen rostro.