INSCRIPCIÓN PARA REALIZAR AS PROBAS DE ACCESO.
A inscripción farase na secretaría da Escola, os prazos para esta inscripción variarán dependendo do tipo de acceso que se alegue.
Consulta DOGA
INSCRIPCIÓN PARA ASPIRANTES SEN TÍTULO DE BACHAREL OU EQUIVALENTE:
Ata o 2 de Xuño de 2011
O aspirante deberá demostrar que posúe os coñecementos propios da etapa educativa precedente.
Documentación:
- SOLICITUDE proporcionada pola Escola
- FOTOCOPIA COMPULSADA DO DNI, NIE OU PASAPORTE,:
Estes aspirantes realizarán unha proba de madureza, o día 10 de Xuño ás 9,00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela., aqueles que superen esta proba realizarán outra proba específica polo que terá que constar na Escola a inscripción para esta proba, a realización da proba específica estará condicionada a superar a proba de madureza.
INSCRIPCIÓN PARA A PROBA ESPECÍFICA.
PARA ASPIRANTES CO TÍTULO DE BACHARELATO:
Ata o 10 de Xuño de 2011
Documentación:
- Inscrición (modelo proporcionado pola Escola)
- Fotocopia DNI
- Acreditación de bacharelato ou titulación equivalente ou,
Certificación de ter superado a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
- AQUELES ASPIRANTES QUE TEÑAN PENDENTE A SUPERACIÓN DA PROBA DE MADUREZA PARA MAIORES DE 19 ANOS, FARANO CONSTAR NA SOLICITUDE.
INSCRIPCIÓN CON ACCESO DIRECTO:
Estes aspirantes cubrirán unha solicitude na Escola, acompañada de copia do DNI e da certificación de estudos con nota media dos mesmos que aleguen para ter dereito a este tipo de acceso.
PROBA ESPECÍFICA.
día 22 de Xuño na ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO “PABLO PICASSO” DA CORUÑA
CONSTANDO DE DÚAS PARTES
- Primeira parte. De 10 a 13h
- Durante un máximo de tres horas, contestaranse por escrito tres cuestións sobre, historia das Artes en xeral, historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral, e o deseño na especialidade que desexe cursar.
- Segunda parte. De 16 a 20h
-
Durante un máximo de 4 horas faranse dous exercicios de debuxo, un debuxo mimético a man alzada, realizado a lapis tamaño DIN A3, e outro tamén a man alzada utilizando sistemas e métodos de representación acordes aos estudos que se queiran cursar.
O resultado das probas e a lista de alumnado admitido será publicado ás Escolas o día 1 de Xullo.
MATRÍCULA
O alumnado que teña adxudicada praza terá que efectuar a matrícula entre os días 4 e 14 de Xullo, na Secretaría da Escola onde se lle adxudicou praza.