Proba de madureza:
28 de xuño de 2010, en Santiago de Compostela [Escola de Arte Mestre Mateo: Rúa Virxe da Cerca, 32]
Constará de dúas partes:
- Primeira parte (materias comúns):
- Versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: lingua galega, lingua e literatura castelá, filosofía, historia e linguas estranxeiras (inglés ou francés; ésta é obrigatoria).
O alumno elixirá tres das devanditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre catro que lle fosen propostas, de cada unha das tres elixidas.
- O tempo máximo para realizar este exercicio será de tres horas.
- Segunda parte (materias específicas da modalidade):
- Versará sobre a análise das cuestións que se formulen sobre historia da arte, a partir dun texto escrito e/ou a documentación gráfica ou audiovisual que se facilite.
- O tempo máximo para realizar este exercicio será dunha hora.
Proba específica:
7 de xullo de 2010, en Santiago de Compostela [Escola de Arte Mestre Mateo: Rúa Virxe da Cerca, 32]
Constará de tres exercicios:
- Primeiro exercicio:
- Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.
- Segundo exercicio:
- Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquejos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización.
- Terceiro exercicio:
- Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao cal o alumno aspira a acceder.