En 1889 D. José Bolaño de Rivadeneira donou 6000 pesetas, uns 2 millóns de euros actuais, para a creación da Escola de Artes e Oficios da Deputación Provincial de Lugo. Despois dunha estancia na aula de exames no antigo edificio da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas na Avenida de Madrid. No ano 1974 empeza o curso no actual edificio construido específicamente para aloxala Escola, a que neste momento se lle chama de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Este novo edificio apadriñado por D. Ramón Falcón que era Subdirector Xeral de Belas Artes, sigue a tipoloxía da construcción da muralla romana que nese momento se está restaurando con laxas de pedra, o mesmo que outros edificios que se estaban facendo nesa época como o Colexio Universitario, que hoxe é a Facultade de Ciencias, ou o Museo do Castro de Viladonga.
No plano académico pasouse de non ter conexión co resto do sistema educativo ata os anos noventa, a ter unha equiparación de “Grao” cos Estudios Superiores de Deseño na futura ordenación dos estudios superiores.
A Escola de Arte “Ramón Falcón” de Lugo é un acolledor espazo onde dar rienda suelta a creatividade. Situada fora do bullicio da ciudade, pero preto dela, conta cun agradable entorno. As súas instalacións son abertas, con pasillos o aire libre, e zoas axardinadas, ambos decorados con esculturas realizadas polos alumnos da escola.
Os seus interiores son moi amplos. Aulas teóricas e obradoiros orientados á formación práctica dos alumnos están equipados con tódalas tecnoloxías específicas de cada ensinanza: equipos informáticos (Pc e Mac), soportes audiovisuáis e fotográficos, plató, laboratorios de revelado, obradoiro de grabado, obradoiro de cerámica, etc.
Dispón dunha biblioteca de libre acceso, unha sala de exposicións onde cada ano se expón unha selección de traballos e proxectos fin de carreira; un salón de actos e una cafetería, onde os alumnos se reúnense nos momentos de descanso.
01/02/2010
11/01/2010
O comenzo das clases no novo ano 2010, estivo marcado polas imaxes que nos deixou a neve na escola.
No noroeste da Península Ibérica as veiras do río Miño aparece Lugo, un dos municipios máis extensos de Galiza, de gran beleza natural e artística. Como lle chamou Álvaro Cunqueiro “Señor do País dos Mil Rios".
A súa capital Lugo, foi fundada no 14-13 a.c., na época de Augusto, convirtíndose na capital máis antiga da comunidade galega. O seu patrimonio artístico e cultural convertírona nunha cidade de gran beleza e misterio, como así o demostra a súa muralla romana, monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.
Hoxe, Lugo é unha capital comercial e de servicios cun importante campus universitario, que co tempo foise convertindo nunha das principáis urbes universitarias de Galicia.
Consulte a web de Lugoturismo para máis información.